Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para funcionarios


04 Mar, 2020

WEB - Convócanse 90 prazas de estadías formativas en empresas ou institucións situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado ou en países da Unión Europea.

Esta convocatoria, ao abeiro da Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, para a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, contempla unha liña dentro da modalidade B, a través da cal o profesorado poderá complementar a súa formación técnica en empresas da Unión Europea cunha formación lingüística, co obxectivo de mellorar a competencia lingüística técnica do profesorado e favorecer as metodoloxías AICLE na formación profesional.

O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

- Ser funcionario/a.
- Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Modalidade A: estadías formativas en empresas ou institucións relacionadas no anexo I da convocatoria.
Modalidade B:
- Tipo B-1: a estadía realizase en empresas ou institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Tipo B-2: a estadía realizase en empresas ou institucións do resto do Estado ou en países da Unión Europea.
- Tipo B-3: a estadía realizase en empresas ou institucións situadas en países da Unión Europea e complementarase cunha formación lingüística no idioma do país onde se desenvolva a estadía.

O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases.

1ª fase: ata o 13 de marzo de 2020.
2ª fase: ata o 27 de marzo de 2020.