Premios para proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica


04 Mar, 2020

WEBPublicada a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da Resolución do 20 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo de presentación da documentación requirida será do 5 ao 9 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

Relación de proxectos presentados