Volver

Galicia Abr 04, 2019

Xuntas Provinciais e Xunta Autonómica de Director@s de centros educativos


DOGORDE do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as datas de elección dos membros das xuntas provinciais e da Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario.

As eleccións efectuaranse no curso académico 2018/19, de tal maneira que:

a) A constitución das xuntas provinciais se leve a cabo antes do día 30 de xuño de 2019.

b) A constitución da Xunta Autonómica se leve a cabo antes do día 31 de xullo de 2019.

A regulación do procedemento de elección das persoas directoras que formarán parte das xuntas provinciais de directores e directoras de centros de ensino non universitario e da Xunta Autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario seguirá o establecido na Orde do 26 de febreiro de 2019 pola que se regula a composición e o funcionamento das xuntas provinciais e da Xunta autonómica de Directores e Directoras de Centros de Ensino non Universitario.


#Centros #Equipos Directivos

Volver