Volver

Galicia Out 25, 2019

Resolución das axudas económicas para o alumnado de FCT o FP Dual


DOGORDE do 15 de outubro de 2019 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 6 de maio de 2019.

Mediante a Orde do 6 de maio de 2019 (DOG do 21 de maio) regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo durante o ano 2019.

O artigo 11 establece que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicará o anuncio da exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno/a, no Diario Oficial de Galicia.

Primeiro. Anunciar a exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias das axudas concedidas e nas contías que se indican, correspondentes ao ano 2019 (prazo maio), nos centros educativos colaboradores na xestión desta convocatoria de axudas e na Base de datos nacional de subvencións prevista no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Formación Profesional #Premios, Becas e Axudas

Volver