Volver

Galicia Xun 07, 2019

Probas de Acceso ás Ensinanzas Deportivas para o curso 2019/20


DOGRESOLUCIÓN do 27 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2019/20.

1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

a) Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

c) A superación da dita proba de madureza de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.

d) A proba de madureza de grao medio poderase substituír pola superación doutras probas.

2. Acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas.

a) Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación unha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:

– Bacharel.

– Técnico superior.

– Título universitario.

– Certificado de ter superado todas as materias do bacharelato.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel ou equivalentes, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

c) A superación da proba de madureza de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel III ás cales se refire a Orde ECD/158/2014, cos requisitos regulados nela.

d) A proba de madureza de grao superior poderase substituír pola superación doutras probas.

 A inscrición para realizar as probas farase nas secretarías dos centros que se relacionan no anexo IV, preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

 O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo.

Data e horario das probas no enlace á resolución.

 


#Centros #Alumnado

Volver