Volver

Galicia Feb 21, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Oferta de Emprego Público


DOG - DECRETO 12/2019, do 7 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á taxas de reposición é de 1.122.

O número de prazas que se convocan nesta oferta de emprego público relativas á estabilización de emprego temporal para o ano 2019 é de 666.

Corpo de mestres: 770

Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 138

Corpo de profesores de ensino secundario: 834

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 30

Corpo de profesores de música e artes escénicas: 16

Prazas de promoción interna >  Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 276

Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

 ****As solicitudes de participación nos procedementos selectivos presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Disposición adicional única. Adquisición doutra especialidade

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá, ademais, convocar o procedemento para que os funcionarios docentes de carreira que dependan directamente dela poidan acadar unha nova especialidade dentro do corpo a que pertencen.

 


#Oposicións #Oferta Emprego Público

Volver