Volver

Galicia Ago 26, 2019

OPOSICIÓNS 2019 - Nomeamento como funcionarios e funcionarias en prácticas do corpo de MESTRES


DOG ORDE do 2 de agosto de 2019 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo primeira, décimo novena e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do procedemento selectivo.

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas aspirantes ao dito corpo que se relacionan no anexo da Orde do 31 de xullo de 2019, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Segundo. Nomear funcionario en prácticas a Santiago José Cruz Muñoz con DNI ***9860**, do corpo de mestres, especialidade de primaria, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas e superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Terceiro. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Antía Cores Torres, con DNI ***6119**, do corpo de mestres, especialidade de primaria, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Cuarto. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2019 ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Quinto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sexto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).


#Oposicións #Nomeamentos

Volver