Volver

Galicia Nov 06, 2019

NON rotundo da Conselleira á negociación da redución do horario lectivo


WEB - NON rotundo da Conselleira a negociar a redución do horario lectivo do profesorado galego e a volta ás 18 horas en secundaria e ás 21 en primaria tal e como ocurriu xa noutras comunidades autónomas.
Tras esta negativa, manifestada na reunión desta tarde, tanto ANPE como o resto das OOSS presentes na Mesa Sectorial estableceremos todas as medidas de presión posibles para modificar esta lamentable postura para as que PEDIMOS O APOIO DE TODO O PROFESORADO GALEGO.  Non podemos nin debemos consentir este menosprezo!

NON TÉN EXCUSA! como non  a tiveron tanto o goberno de Feijoo como de Mariano Rajoy cando mediante un Real Decreto ampliaron o horario lectivo do profesorado pasando das 21 ás 25 en primaria e das 18 ás 20 en secundaria o que supoxo unha reducción das plantillas e a drástica reducción de tempo para coordinar programas e preparar actividades. e, mentras tanto, tamén se nos RECORTARON as pagas extras, se nos retiraron as axudas do FAS, licenzas por estudos anuais, cobro do verán do persoal substituto etc etc.

Así que, non nos veña con que depende dun compromiso presupostario cando Galicia presume de "ter as contas saneadas".

O venres teremos unha reunión sindical para avanzar nas mobilizacións.

 

 


 


#Acción sindical #Novas

Volver