Volver

Galicia Ago 09, 2019

FP - Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos


DOGRESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2019/20.

Sétimo. Horario do ciclo formativo

1. A distribución por curso dos módulos dos ciclos de formación profesional con oferta na Comunidade Autónoma de Galicia, a duración anual en horas e a distribución horaria semanal en períodos lectivos estarán dispoñibles no portal www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe «Currículos».

2. Os centros que, polas súas características específicas ou polas dos ciclos que imparten, precisen unha modalidade horaria especial poderán ser autorizados polo departamento territorial correspondente, logo de informe do Servizo de Inspección Educativa, respectando, en todo caso, a distribución por curso e o número de horas totais dos módulos. ()

4. Os centros integrados de formación profesional, dentro do marco da autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión recollida no artigo 41 do Decreto 77/2011, do 7 de abril, presentarán para cada curso académico unha proposta de desenvolvemento das actividades formativas, de conformidade co artigo 2 da Orde do 29 de xullo de 2011.

5. Coa finalidade de que se poida verificar o cumprimento do horario mínimo establecido para cada módulo de cada ciclo, así como a súa programación, a dirección do centro remitiralle ao Servizo Territorial de Inspección Educativa antes do inicio das actividades lectivas un calendario en que vaian especificados os días lectivos de formación no centro educativo, xunto co horario semanal do grupo, así como as programacións de cada módulo profesional, de conformidade co artigo 9 da Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Horario do profesorado de centros públicos

1. Cando as características horarias dos módulos para os que o profesorado de cada departamento teña atribución docente non permitan completar, na asignación inicial de módulos, o horario lectivo legalmente establecido, as horas que falten deberanse dedicar a outras actividades lectivas, segundo as directrices do director ou a directora do centro, tales como impartición de materias afíns doutros departamentos, actividades de reforzo ou recuperación do alumnado do propio departamento, apoio á docencia noutros niveis ou participación nalgún proxecto docente ou complementario incluído na programación xeral do centro, realización da titoría do módulo de Formación en centros de traballo e do módulo de Proxecto, e/ou colaboración na súa coordinación e no seu desenvolvemento, e ademais, no caso do profesorado dos centros integrados de formación profesional, aquelas actividades formativas e accións que se encadren dentro do seu ámbito de competencias.

2. Mentres que o alumnado do ciclo formativo estea a realizar o módulo profesional de Formación en centros de traballo, o xefe ou a xefa de estudos, co apoio da persoa responsable da titoría do ciclo formativo e da xefatura do departamento, elaborarán o novo horario do profesorado que quede coas horas vacantes, e darallo a coñecer ao profesorado e, de ser o caso, aos pais ou ás nais, ou a quen exerza a titoría legal. Durante este período, o profesorado con atribución docente no ciclo ou no módulo realizará, entre outras, algunha das seguintes actividades ()

En calquera caso, a permanencia obrigatoria en horario fixo no centro do profesorado afectado polo cambio de horario será de 23 horas semanais, e a súa permanencia mínima diaria no centro non será inferior ás tres horas.

A proposta do novo horario enviarase, para a súa aprobación definitiva, ao servizo correspondente de inspección educativa no prazo de cinco días, logo de finalizada a sesión de avaliación previa á realización do módulo de Formación en centros de traballo.


#Formación Profesional #Instrucións

Volver