Volver

Galicia Nov 27, 2018

CXT 18/19 - Entrega de INSTANCIA e Documentación por REXISTRO


Último día de participación no Concurso Xeral de Traslados

O persoal funcionario en prácticas tén que participar OBRIGATORIAMENTE así como, o persoal docente que vaia solicitar, cando chegue o seu momento, unha comisión de servizos de saúde ou de conciliación da vida familiar e laboral, TEN QUE PARTICIPAR  obrigatoriamente NO CONCURSO DE TRASLADOS (no caso de poder facelo, é dicir se transcorreron dous anos desde o teu último destino definitivo)

A INSTANCIA de participación, a instancia de Datos Persoais (se se alegan méritos e as fotocopias compulsadas destes) entréganse por REXISTRO.  Os centros poden actuar como tales neste caso ou ben os rexistros da Xunta. (O Rexistro no CXT non compulsa, debédelo facer no centro educativo ou en persoal das xefaturas)

Recordade que os méritos de PUBLICACIÓNS  polos apartados 6.1 e 6.3 do anexo XVI ou no número 4.1 do anexo XVII imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e xunto cos documentos xustificativos remitiraa, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro 107, código postal 15703.

Toda a información en: ENLACE

 


#Mobilidade do Profesorado #Concurso de Traslados

Volver