Volver

Galicia Set 21, 2018

CORRECCIÓN DE ERROS - Modificación de unidades e postos de traballo no catálogo


DOG CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xullo de 2018 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Advertidos erros na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 144, do 30 de xullo de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións dos seus anexos I e III.

Na páxina 35206, na liña das unidades do CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra, do concello de Porto do Son, na columna de unidades de EP, debe figurar: «2»; na columna de unidades Total, debe figurar: «3». Na liña dos postos de traballo docentes, na columna de postos de EP, debe figurar: «0», na columna de postos Total, debe figurar: «4».

Na páxina 35209, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP Plurilingüe da Pontenova, do concello da Pontenova, na columna de postos de OC, debe figurar: «0»; na columna de postos Total, debe figurar: «11».

Na páxina 35212, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP Plurilingüe de Atios, do concello do Porriño, na columna de postos de ALC, debe figurar: «1»; na columna de postos de PTC, debe figurar: «0».

Na páxina 35212, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP da Ribeira, do concello do Porriño, na columna de postos de OC, debe figurar: «1», na columna de postos de ALC, debe figurar: «1»; na columna de postos de PTC, debe figurar: «0», na columna de postos Total, debe figurar: «17».

Na páxina 35214, na liña dos postos de traballo docentes do CRA de Narón, do concello de Narón, na columna de postos de EI, debe figurar: «8»; na columna de postos Total, debe figurar: «16».

Na páxina 35214, na liña dos postos de traballo docentes do CRA A Picaraña, do concello de Ponteareas, na columna de postos de EI debe figurar «8»; na columna de postos Total, debe figurar: «14».


#Centros #Docentes

Volver