Volver

Galicia Ago 13, 2018

Corrección de erros - Decreto 56/2018 de reorganización de centros


DOG CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 56/2018, do 9 de maio, de reorganización de centros docentes públicos en determinadas localidades.

Advertidos erros no decreto que se cita, publicado no Diario Oficial de Galicia número 104, do 1 de xuño de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 26959, no artigo 3, onde di: «O centro público integrado (CPI) Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior (código 36009172) transfórmase nun CEIP con capacidade...», debe dicir: «O centro público integrado (CPI) Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior (código 36009172) transfórmase nun CEIP (código 36025013) con capacidade...».


#Centros #Documentos de Interese

Volver