Volver

Galicia Xul 17, 2019

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes


WEB Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 17 ata as 13:00 horas do día 23 de xullo de 2019. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o ANEXO I

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o ANEXO II

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario

Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

   
Modalidade distancia


#Formación Profesional #Alumnado

Volver