Volver

Galicia Xan 31, 2019

Certame Cooperativismo no ensino


DOGORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

1. O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

2. No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como: a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

3. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802O.

O alumnado dos centros educativos de Galicia poderá presentar os traballos nas seguintes modalidades:

a) Actividades artísticas, tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos, dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.

b) Actividades cooperativizadas, dirixida ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.

c) Proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2019.

 


#Centros #Plans e Programas

Volver