• Noticia destacada

CADP 2020 - Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais para o curso académico 20/21


29 Xun, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21 entre o persoal docente pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

>>Normas para a adxudicación de destinos CADP

O prazo para formular a solicitude será de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. (Do 30 de xuño ao 20 de xullo)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado (anexo I) accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

>> ENLACE para PARTICIPAR

Para estes efectos, O persoal docente do corpo de mestres interesado deberá ter en conta que no próximo curso académico 2020/21 entra en funcionamento O CEIP Novo Mesoiro (A Coruña), código do centro: 15033228.

Aquelas persoas que estando obrigadas non presenten unha solicitude, entenderase que se acollen á validez da formulada para o curso académico 2018/19 ou 2019/20.

As relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda e por especialidades e orde de prioridade, publicaranse no portal de internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal/  o 30 de xuño de 2020. Abrirase un prazo de 5 días para reclamacións.

 A data previsible de publicación da lista definitiva é o 24 de xullo de 2020.

Contra a resolución que publica a lista definitiva de persoal docente interino e substituto excluído da participación na adxudicación de destinos provisionais, que lle pon fin á vía administrativa, As persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Centros e RRHH.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL de MESTRES: 27 de xullo de 2020.  Haberá 2 días para reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional por sede electrónica.

- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA de MESTRES :  31 de xullo de 2020.

- RESOLUCIÓN PROVISIONAL de SECUNDARIA31 de xullo de 2020. Reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional  ata o 3 de setembro por sede electrónica.

- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA de SECUNDARIA: 10 de setembro de 2020.