Volver

Prazo de presentación pechado
ANPE-Galicia Dec 05, 2023 Dec 28, 2023

Curso 2023/24 - Concurso de traslados específico ORIENTACIÓN


DOG - ORDE do 21 de novembro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

>> O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, será de quince (15) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

>> As solicitudes poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4).
  • Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutoramento ou licenciatura en Psicopedagoxía; doutoramento, licenciatura ou grao en Pedagoxía ou en Psicoloxía; doutoramento ou licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidade de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidade de Pedagoxía ou Psicoloxía.

2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 (Publicacións, ler este punto da orde para saber cómo facer correctamente estas alegacións)

**** O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados xeral entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.


Fases del proceso
25/03/24 - Resolución definitiva
15/02/24 - Resolución provisional
05/12/23 - Convocatoria Concurso específico Orientación
30/10/23 - Xubilacións por provincias


Concurso de Traslados

Volver