Volver

Prazo de presentación aberto
ANPE-Galicia Nov 16, 2021 Dec 07, 2021

Curso 2021/22 - Concurso de traslados específico de ORIENTACIÓN Mestres


DOG ORDE do 5 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A).

Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da Escola Oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro ou o nivel Intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superasen a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.

Acceso ao CONCURSO: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A). 

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 


Fases del proceso
15/11/21 - Convocatoria Concurso específico de Orientación Mestres


Concurso de Traslados

Volver