Resumo de Mesa Sectorial - Borrador do Concurso específico de Adultos


12 Nov, 2019

WEB - Na Mesa Sectorial de hoxe trasladáronse as achegas ao Borrador da Orde do  ... de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres e do corpo de profesores de ensino secundario, para cubrir prazas nos centros específicos de educación e promoción de adultos.

RESUMO DA MESA

3º  Rogos e Preguntas:

 - Insistimos en que a Administración se abra á negociación da redución do horario lectivo ás 18 e 21 horas, máxime agora que se acaban de adherir as dúas organizacións sindicais con representación do profesorado e que non están na Mesa Sectorial.

- Con respecto ás reducións de xornada por coidado de familiar a nosa normativa de licenzas e permisos recolle a situación de redución de xornada cando existe garda legal. Sen embargo a Lei de Emprego Público contempla que se debe recoller a casuística de garda legal e sen garda legal. Debe regularse na nosa normativa especifica de licenzas e permisos.

- En relación á Oferta de Emprego Público e a Orde de convocatoria de oposicións demandamos que a oferta e as especialidades pasen pola Mesa Sectorial para unha negociación real e efectiva das mesmas. Trasladar tamén, para que apareza recollida na Orde de Convocatoria de oposicións que veña á Mesa Sectorial a posibilidade de que todos os membros dos equipos directivos e non soamente o director/a poidan renunciar voluntariamente a formar parte dos tribunais. (A Administración está analizando a oferta e cando estea lista convocará a Mesa. Con respecto a incluír na exclusión a todos os membros dos equipos directivos a Administración o estudará aínda que, a priori, non é moi favorable xa que afecta a moitas persoas).

- Demandamos que as coordinacións dos programas internacionais se aboen en todos os casos xa que actualmente soamente está cobrando o coordinador/a deste tipo de programas nos CIFP e, por suposto todo tipo de coordinacións. Entendemos que a normativa da Unión Europea é clara no senso de que a igual traballo igual retribucións.

Con respecto ás itinerancias denunciar novamente que os Centros Rurais Agrupados non as estean a aboar baseándose nunha suposta circular que non damos atopado por ningures na que se afirma que non se aboan precisamente por ser CRAs. (A Administración resposta que está claro que nas itinerancias hai redución horaria e cobro e que o persoal dos CRAs se considera itinerante a todos os efectos).

- Solicitamos unha aclaración de como está administrativamente a situación do recoñecemento como servizos prestados das vacacións cobradas e non gozadas. (A Administración resposta que o proceso de recoñecemento se estima que estea rematado no próximo mes de Febreiro, despois restaría por rematar o aboamento).
- Así mesmo solicitamos información sobre a percepción do complemento do profesorado que está máis de 90 días de baixa. Tamén queremos saber se a Administración agora está a aboar os sexenios perfeccionados estando de baixa médica con efectos retroactivos e en que apartado da nómina se está a aboar. (A Administración resposta que o está a facer desde o 1 de Xaneiro. Hai diferencias no aboamento en función das provincias. Hai provincias que xa teñen feito case o 100% dos casos e outras van máis retrasadas). Recordámoslle ao profesorado afectado que debe comprobar na súa nómina se lle aparece un importe co concepto: complemento L.E

 - Desde ANPE Galicia demandamos novamente o cobro dos meses de verán para os substitutos que acrediten ter traballado máis de 5,5 meses ao longo do curso.