DELF escolar en Galicia para o curso 2019/2020


11 Nov, 2019

WEB DELF escolar en Galicia para o curso 2019/2020. Información relativa ás probas do DELF Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia

Circular DELF escolar Galicia curso 2019/2020

Anexo I: Solicitude de inscrición

Os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française1) son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países. A súa validez é indefinida.

O alumnado dos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia pode presentarse ás probas para a obtención deste diploma ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España (SCAC) polo que se implantou o diploma DELF Scolaire -DELF Escolar- en Galicia.

Poden presentarse Todos aqueles alumnos e alumnas de centros públicos de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia que estuden a materia de Francés como primeira ou segunda lingua estranxeira, estean matriculados nunha Sección Bilingüe en Francés ou cursen o programa de Bacharelato de dobre titulación BachiBac.

4.1. O prazo de matrícula é do 3 ao 27 de febreiro de 2020 na Alianza Francesa correspondente.

4.2. Os centros que non presentaran aos seus alumnos na anterior convocatoria deberán enviar o Anexo I á dirección de correo electrónico annette.maxime@institutfrancais.es antes do 17 de xaneiro de 2020 ademais de formalizar posteriormente a súa matrícula na Alianza Francesa correspondente.

4.3. A matrícula do alumnado realizarase mediante unha plataforma on-line deseñada a tal efecto. O enlace e as modalidades serán enviadas pola Alianza Francesa correspondente aos centros educativos a finais de xaneiro de 2020.