WEB - Publicada a Resolución do 7 de novembro de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas (594), especialidades instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco (417), danza española (435), danza clásica (436) e danza contemporánea (437).
Relación provisional de persoas excluídas
Prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución pra formular reclamacións.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que presentarán por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. As alegacións así formuladas deberán remitirse despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro, tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo: persoal.secundaria@edu.xunta.es.