Resolución provisional de centros admitidos no Club de Ciencia


26 Out, 2019

WEB - Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.

Resolución provisional

Décimo. Resolución

A comisión de selección, unha vez avaliadas as solicitudes presentadas, emitirá unha resolución provisional dos centros admitidos. Esta resolución provisional poderase consultar na web desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).Os centros solicitantes dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación na mencionada web, para realizar reclamacións ou renuncias.