Modificación das unidades e os postos de traballo docentes dos centros - CORRECCIÓN DE ERROS


25 Out, 2019

DOGCORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Advertidos erros na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 29 de xullo de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións: 

Na páxina 34554, no artigo 2.1, onde di: «O colexio rural agrupado (CRA) Novo Mencer, do Concello de Coristanco, e o CRA de Santa Comba, fusiónanse nun único CRA con código de centro 15033098...»; debe dicir: «O colexio rural agrupado (CRA) Novo Mencer, do concello de Coristanco, e o CRA de Santa Comba fusiónanse nun único CRA con código de centro 15033198...».

Na páxina 34559, no anexo I, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP Plurilingüe de Atios, do concello do Porriño, na columna de postos de OC debe figurar: «0» e na columna de postos Total debe figurar: «15».

Na páxina 34561, no anexo III, na columna das escolas do CRA Nosa Señora do Faro, onde di: «O Souto (Guillarei)»; debe dicir: «Tella».