Calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar nos centros escolares


10 Out, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para celebrar as eleccións de constitución do consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos.

As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento, a que se refire o artigo anterior, celebraranse entre os días 18 e 22 de novembro de 2019, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participación de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a xunta electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes:

a) Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria, de acordo coa Orde desta consellería do 21 de outubro de 1996.

b) Para os centros públicos integrados, consonte o artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro.

c) Para os centros públicos de ensino non universitario de características singulares, de educación especial e de educación de adultos, conforme o establecido na Orde desta consellería do 29 de outubro de 1996, corrección de erros no DOG do 15 de novembro.

Nos centros a que se refire o punto anterior, a xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, constituirase entre os días 22 e 25 de outubro de 2019, ambos os dous incluídos.

De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidaturas non deberá ser inferior a sete días naturais.

Artigo 4

Aos membros integrantes da xunta electoral, das mesas electorais e aos electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Non obstante, o día ou os días en que teñan lugar as eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa non poderán ser declarados non lectivos.

Artigo 5

A primeira renovación do consello escolar dos centros a que se refire o artigo 1 desta resolución producirase no ano 2020, coincidindo coa renovación do resto dos consellos escolares no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido na normativa vixente.