24/09/2019 WEB - Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2019/2020
É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario.
A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
- A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
- Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
- O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (ata o 13 de outubro)