CADP 2019 - Adxudicación definitiva de destinos provisionais dos corpos de SECUNDARIA no DOG


04 Out, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Segundo. De conformidade co disposto no citado artigo 41 da Orde do 7 de xuño de 2018, o persoal adxudicatario tomará posesión no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa da data fixada para o inicio da impartición efectiva das clases, o 16 de setembro de 2019, agás no suposto de que o nomeamento ou toma de posesión se efectúe con posterioridade.

No caso das comisións de servizo, os efectos serán do día 16 de setembro de 2019, sen prexuízo de que as comisións de servizo do profesorado que proceda de fóra da Comunidade Autónoma e do procedente do estranxeiro poderían ter efectividade do 1 de setembro de 2019.

Para o persoal en prácticas e o persoal interino sen nomeamento en vigor, os efectos económicos e administrativos serán do día 16 de setembro de 2019.

Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, para o persoal docente interino que teña nomeamento en vigor en 16 de setembro de 2019, os efectos da toma de posesión serán do 17 de setembro de 2019.

Terceiro. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de dous meses.