Ofértanse 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.
Prazas 150
A Coruña: 50
Lugo: 25
Ourense: 25
Pontevedra: 50
Resolución do 23 de setembro de 2019: Convocatoria
Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.
A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe., e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.
O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2), contando tamén con sesións presenciais que se realizarán de xeito centralizado. A súa temporalización está prevista para os meses de outubro a marzo do vindeiro ano.
Constará de sete módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:
Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.
Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.
Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.
Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.
Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.
Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.
Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.
Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, e non computará a efectos das prazas ofertadas.
As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros días, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.
Terceiro. Que a presentación e xestión de solicitudes de participación realizarase a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe.