WEB - Recollida de documentación correspondente ao concurso xeral de traslados 2019
As publicacións presentadas para a súa baremación no Concurso xeral de traslados convocado pola orde do 15 de outubro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 31 de outubro) poderán ser recollidas desde o día 7 ata o 18 de outubro de 2019 en horario de 9.00 h a 14.00 h nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
A documentación pode ser recollida polas persoas interesadas ou por unha persoa autorizada mediante documento escrito.