WEB - Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes 2019/2020
É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.
A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal
- A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.
- Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
- O prazo de inscrición será de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (ata o 13 de outubro)
1. Resolución do 19 de setembro de 2019
2. Instrucións Revisións Médicas
4. Aclaracións dos prazos de inscrición:
Persoal docente substituto: en activo e unha antigüidade de 65 días ininterrumpidos nesta campaña. Día inicial para o dito cómputo: 01/09/2019): 20 días naturais a partir do 1 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados.
Interinos/as: 20 días naturais a partir do día 1 do mes seguinte desde a súa toma de posesión, sempre que sexa solicitante en activo (alta no momento da solicitude).