Celebrarase os vindeiros 25 e 26 de outubro (venres de 16:30 a 21:30 h e sábado de 09:00 a 14:00h) no Salón de Actos do Edificio Administrativo Multiusos de Lugo, Rda. da Muralla, nº 70 – Lugo.
Aberto o prazo de matrícula do 24 de setembro ao 23 de outubro. Instancia de matrícula
(máis información: lugo@anpe.es - 982 227912)
Ponentes
- José Antonio Vázquez Taín, xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor. Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
- Francisco Vázquez Fernández, Inspector xefe do Grupo de Delincuencia Especializada e Violenta da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Lugo. Licenciado em Ciencias Económicas pola Universidade de A Coruña.
- Mª Isabel Barreiro Gundín, Funcionaria do Corpo de Mestres. Foi asesora na Consellería de Educación, Universidade e F.P., etapa na que participou activamente na elaboración do “Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar”. Ten participado como ponente en actividades de formación para equipos directivos, anpas e profesorado en xeral sobre atención á diversidade, orientación e convivencia. Na actualidade está a traballar na elaboración de programas da Consellería para a mellora da convivencia nos centros educativos
- Nicolas Fernández Guisado, Presidente Nacional de ANPE. Licenciado en Dereito. Diplomado en Maxisterio.
- Julio Díaz Escolante, Profesor de Primaria (Especialidade: Pedagoxía Terapéutica, Matemáticas e Ciencias Naturais). Presidente de ANPE Galicia
- Julio César Trashorras de la Fuente, Profesor de Matemáticas. Vicepresidente de ANPE Galicia.