WEB - Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020
O prazo de presentación de solicitudes e documentación remata o 30 de setembro de 2019.
- Centros de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.
- A solicitude (anexo) e documentación débese presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de novembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ademais, remitirase ao correo electrónico clubdeciencia@edu.xunta.gal nos prazos establecidos.
- Cada centro docente seleccionado para desenvolver un “Club de Ciencia” recibirá unha achega económica de 1.250 €
- Actividade de innovación educativa previa avaliación positiva da memoria presentada, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.