Intercambios provisionais de prazas de Secundaria - PERMUTAS PROVISIONAIS


11 Set, 2019

WEB - Aberto o prazo para PERMUTAS PROVISIONAIS entre profesorado de SECUNDARIA do 11 ao 16 de setembro inclusive

Faise a través da Sede electrónica: o código de procedemento é ED002A. (Entrar en "Trámites" e pór no buscador dito código)

Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas. 

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A)

CURSO 2019/20 DOG (11/07/2019) - ORDE do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes desta consellería (código de procedemento ED002A).

Documentación para a presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/). (elexir a opción - Tramitar en liña)

Non deberá presentarse ningunha documentación complementaria para a tramitación deste procedemento.

Cada unha das persoas interesadas en solicitar o intercambio provisional da praza terá que cubrir unha   solicitude. Na solicitude deberán constar os datos da persoa coa que queira solicitar o intercambio de praza, de xeito que haberá tantas solicitudes como persoas interesadas en intercambiar a praza.