Instrucións actualizadas para a toma de posesión do profesorado de Secundaria


12 Set, 2019

WEB - Instrucións actualizadas para a toma de posesion dos docentes adxudicado no concurso de adxudicacion provisional (secundaria)

O persoal docente que obtivo destino na adxudicación de destinos provisionais convocado pola Resolución do 21 de xuño de 2019 (DOG do 26 de xuño) tomará posesión no centro educativo de destino con efectos administrativos do día 16 de setembro de 2019 e deberá entregar cuberta e asinada a documentación que más abaixo se indica e a cal será remitida polo centro educativo á xefatura territorial correspondente.

Todos os documentos deberán ser asinados coa data de efectos administrativos da toma de posesión (16 de setembro de 2019) para todo o profesorado que obtivo destino, agás para:

- para o persoal que teña un nomeamento en vigor correspondente ao curso 2018/2019, en cuxo caso os efectos serán do día seguinte ao do fin do dito nomeamento (é dicir, efectos do 17 de setembro de 2019)

- para o profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma: a documentación estará asinada con data do 1 de setembro de 2019 (data de efectos administrativos da súa toma de posesión),agás no caso de que a administración de orixe autorizara a comisión con outros efectos.

- para o profesorado con destino provisional procedente do estranxeiro: a documentación estará asinada con data do 1 de setembro de 2019 (data de efectos administrativos da súa toma de posesión).