“English Week” - Resolución provisional de centros seleccionados


06 Set, 2019

WEBResolución provisional dos centros seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, “English Week”, no curso 2019/2020 correspondentes ao 6º curso de Educación Primaria e aos cursos 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias (5 días naturais) por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.es ou por fax ao número 881997424, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Resolución provisional

Listaxe provisional dos centros seleccionados