Fondo de Acción Social (FAS) - Criterios de repartición


02 Set, 2019

DOG - RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

3. Solicitudes e documentación.

3.1. Os que, atopándose incluídos no ámbito persoal da axuda, desexen optar a ela/s deberán completar en liña a solicitude e anexos que, como formulario electrónico, se atoparán na páxina web: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Posteriormente, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente asinada, perante as correspondentes unidades de persoal.

3.2. As persoas solicitantes deben xuntar á petición, os documentos que se exixen na norma específica 1.4 e xustificar mediante certificación os feitos que se aleguen.

1ª Fase do procedemento da solicitude da axuda:

3.3. O prazo para cubrir na web as solicitudes e para presentalas ante as unidades de persoal, unha vez impresas, será desde o día da publicación no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de setembro.

Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada a través da páxina web polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:  Se a persoa solicitante é persoal con destino en centros educativos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: directores/as e secretarios/as de centros.

Unha vez que estea realizada esta 1ª fase, xa se pode remitir a súa solicitude ao correspondente servizo de persoal (2ª fase) ou presentar a solicitude no Rexistro (3ª fase), sen ter que esperar os prazos das seguintes fases.

2ª Fase do procedemento da solicitude da axuda:

3.5. As solicitudes conformadas, unidas ao resto da documentación, serán entregadas polas unidades de persoal aos/ás respectivos/as peticionarios/as no prazo dos 5 días hábiles seguintes ao remate do prazo do punto 3.3 (ata o 25 de setembro).

Os certificadores verificarán unicamente os datos persoais e profesionais e imprimirán a solicitude para remitir á Dirección Xeral da Función Pública. A persoa solicitante si deberá presentar no rexistro a documentación xustificativa debidamente cotexada.

3ª Fase do procedemento da solicitude da axuda:

3.6. Os/as interesados/as presentarán as solicitudes conformadas polas unidades de persoal xunto con toda a documentación requirida en calquera dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar as solicitudes conformadas polas unidades de persoal rematará no prazo dos 5 días hábiles seguintes ao remate do prazo do punto 3.5 (ata o 2 de outubro)