Concurso de meritos para Dirección CEFOREs e asesorías de FPROFE e CAFI - Resolución Provisional


12 Xul, 2019

WEBResolución provisional do concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos CFRs e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Relación de puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes á Fase A do concurso (méritos e proxecto).

Segundo o artigo 7 da orde de convocatoria ábrese un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día desta publicación, para que poidan formular as reclamacións que estimen oportunas. As reclamacións presentaranse de acordo co establecido no artigo 6 e ademais deberán remitirse por fax (981 546550) ou por correo electrónico (xsfp@edu.xunta.gal).

As entrevistas (Fase B) para as persoas candidatas seleccionadas na Fase A realizaranse os días 18 e 19 de xullo segundo o chamamento publicado.

Resolución provisional

Puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes á Fase A

Chamamentos para a Fase B