A experiencia derivada da aplicación desta orde aconsella modificar o artigo 4 para introducir novos prazos de presentación de solicitudes de intercambio provisional de praza e así mesmo, modifícase ademais a disposición adicional segunda da Orde do 17 de xuño de 2017 para cumprir co deber de información ás persoas afectadas, establecido polo artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 e 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
FAISE POLA SEDE ELECTRÓNICA > ENLACE
«Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes
1. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa con anterioridade ao día 15 de agosto, as persoas obrigadas a participar no devandito concurso poderán optar por un dos seguintes prazos:
a) Dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da consellería.
b) Catro (4) días hábiles desde o día 1 de setembro. A resolución de autorización de intercambio provisional de praza terá efectos administrativos da data en que se dite e efectos económicos do día 1 de outubro. Neste segundo prazo soamente poderán formular solicitude de intercambio provisional de praza as persoas que non participasen no prazo establecido no parágrafo anterior.
2. Cando a publicación da resolución de adxudicación definitiva de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional http://www.edu.xunta.gal para o curso académico correspondente sexa o día 15 de agosto ou con posterioridade a esta data, o prazo para as persoas obrigadas a participar no devandito concurso será de catro (4) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación.
3. O prazo para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais do curso académico correspondente será desde o día 15 de xullo ata o 31 de xullo».