CADP 2019 - Normas para a adxudicación de destino provisional


26 Xun, 2019

DOGRESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que desenvolve a Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan NORMAS para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

No artigo 21 da citada orde establécese que a solicitude formulada será válida para as seguintes convocatorias a partir do curso académico 2019/20 mentres se manteña a obriga de participar neste procedemento, de conformidade co artigo segundo. Polo tanto, non terá que formalizar nova solicitude:

a) O profesorado suprimido e desprazado que continúe na mesma situación para o curso académico inmediatamente seguinte.

b) O profesorado que continúe en expectativa de destino.

c) O profesorado interino e substituto que participase no proceso de adxudicación de destino da convocatoria inmediatamente anterior e continúe tendo dereito a manter o seu posto na corresponde lista ou listas, de conformidade co establecido na Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

A formalización dunha nova solicitude dentro do prazo establecido deixará sen efecto a solicitude presentada nunha convocatoria anterior.

Resulta necesario precisar que solicitudes as recuperará, de oficio, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, coa finalidade de que cada persoa interesada saiba con que solicitudes participa en cada procedemento e, como consecuencia, en cales, se é o caso, quere renunciar no prazo comprendido entre o 15 e o 31 de maio de cada ano.

1. Ás persoas que estean obrigadas a participar na adxudicación de destinos provisionais recuperaránselles todas as solicitudes de todos os corpos e especialidades coas que participaron na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais do curso académico 2018/19.

Segundo. Non recuperación das solicitudes do persoal interino ou substituto que supera o procedemento selectivo. O persoal docente interino que supere o procedemento selectivo, aínda no suposto de que sexa o mesmo corpo e especialidade en que prestaba servizos, estará obrigado a facer unha nova solicitude ordinaria.

Terceiro. Non recuperación das solicitudes por petición da persoa interesada. Non se recuperarán para a adxudicación de destino provisional para o curso académico correspondente as solicitudes do persoal interino e substituto que pida e se lle autorice a non participación nunha convocatoria determinada, no prazo comprendido entre o 15 e o 31 de maio de cada ano,  que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resulten desprazados por falta de horario, ao persoal a que lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo.

Ao persoal docente interino ou substituto que teña dereito a estar nas listas das especialidades de procesos comerciais e procesos de xestión administrativa do corpo de profesores técnicos de formación profesional, que participasen pola lista única na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19, recuperaráselle a solicitude para a especialidade de procesos comerciais, sempre que non presentasen unha nova para a convocatoria de destinos provisionais que se realice para o curso académico 2019/20, en sede electrónica.

Se desexan, ademais, participar na adxudicación de destinos provisionais pola especialidade de procesos de xestión administrativa, deberán realizar unha solicitude dela.

Ao persoal docente interino e substituto que teña dereito a estar nas listas da especialidade de inglés dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores de escolas oficiais de idiomas, que participaran pola lista única na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2018/19, recuperaráselle unha solicitude para o corpo de profesores de ensino secundario, especialidade inglés, coas peticións de institutos de educación secundaria, centros públicos integrados de centros integrados de formación profesional que tiñan na solicitude correspondente á convocatoria de destinos provisionais para o curso académico 2018/19, sempre que non presentasen unha nova para a convocatoria de destinos provisionais que se realice para o curso académico 2019/20, en sede electrónica, no prazo que se estableza na convocatoria prevista no artigo 37 da Orde do 7 de xuño de 2018.

Se desexan, ademais, participar na adxudicación de destinos provisionais polo corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade inglés, deberán realizar unha solicitude desta.

Disposición adicional terceira - En ningún caso se recuperarán as solicitudes por razóns de saúde ou de conciliación da vida familiar e laboral.

Disposición adicional cuarta. Comisión de servizos por concelleiro ou concelleira

Nos anos en que haxa eleccións locais con anterioridade ao remate do prazo da convocatoria para a adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente, todas as persoas que resulten electas e desexen participar na adxudicación exercendo o dereito preferente a centro e a localidade, deberán realizar unha nova solicitude, achegando a xustificación da súa condición de concelleiro.