Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/20


24 Xun, 2019

WEBPlan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020

ENLACE á aplicación de FPROFE

Polo DECRETO lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, quen, sexa muller ou home, estea a utilizar ou utilizase, nos dous últimos anos, unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares terá un dereito preferente a participar nos cursos formativos organizados pola Administración pública galega (Artigo 93). Para exercer o devandito dereito deberá inscribirse na actividade e remitir á persoa asesora responsable da mesma un correo electrónico indicando o período no que exerceu devandito permiso ou licenza e a súa vontade de exercer este dereito preferente. A persoa asesora realizará cos servizos centrais as comprobacións pertinentes, e procederá en consecuencia. Unha vez exercido devandito dereito preferente, se a persoa abandona a actividade sen causa xustificada e sen a pertinente renuncia en tempo e prazo, non será seleccionada para as actividades que se desenvolvan no mesmo curso académico e, por tanto, non poderá volver exercer este dereito preferente no mesmo curso.

As persoas seleccionadas que teñan confirmada a asistencia e non comparezan á primeira sesión ou abandonen a actividade sen causa xustificada, serán dadas de baixa na actividade e non serán seleccionadas para as actividades que se desenvolvan no mesmo curso académico. Considerarase abandono a ausencia de participación no 40% da actividade do curso.

As persoas participantes nunha actividade de formación na Rede deberán realizar a súa presentación obrigatoria no foro destinado a tal fin na aula virtual do curso, no prazo indicado pola coordinación da actividade. De non levar a cabo esta presentación, serán dadas de baixa da actividade e consideraranse non presentadas cos efectos establecidos no parágrafo anterior.

Non poderá participar en actividades de formación permanente o persoal docente en situación de baixa ou de incapacidade laboral transitoria.

Nas actividades presenciais a asistencia é obrigada, polo que as faltas, independentemente da causa, non poderán superar o 15% da duración da parte presencial da actividade.

Nas actividades de formación na Rede será indispensable, para obter a certificación, superar con avaliación positiva o 80% das tarefas obrigatorias propostas así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais no caso de que as houbese.