Primeiro. Facer pública, como anexo I a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos ()
Publicar a relación definitiva de excluídos no anexo II, polas causas que se indican.
Terceiro. O persoal que resulte adxudicatario, ademais de prestar servizos no centro base indicado no anexo I desta resolución, está obrigado a desprazarse aos centros compartidos e aos centros adscritos que, se é o caso, consten incluídos nos anexos II e III da antedita orde de convocatoria.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o persoal interesado poderá formular con carácter potestativo recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo.