Proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.


16 Abr, 2019

DOG RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.

Para o obxecto de dar continuidade ao proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2019/20, resolvo anunciar:

Primeiro

Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2019/20.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 

Terceiro

Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.