Relación provisional de persoas admitidas e excluídas na lista de mantemento de vehículos


09 Abr, 2019

WEB - Resolución do 9 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substit ucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209).

Prazo para formular reclamacións de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo

() "as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas seleccionadas, non seleccionadas, a relación de persoas excluídas provisionais e o baremo provisional, mediante un escrito dirixido ao director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que presentarán por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As alegacións así formuladas deberán remitirse (despois da súa presentación oficial, co selo de rexistro,tamén por correo electrónico no citado prazo ao enderezo persoal.secundaria.edu.xunta.es"

 

Resolución do 9 de abril de 2019: Resolución provisional

Baremo provisional e excluídos provisionais de mantemento de vehículos