WEB - Proxecto de Orde das titulacións que permiten a incorporación ás listas de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, PES, PT, EOI que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de educación
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a información pública o proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A través do Portal de Transparencia da Xunta de Galicia poderán facerse as achegas ao dito proxecto dende o día 27 de marzo ata o 16 de abril de 2019.
Pode acceder a través do seguinte enlace:
Anexo II - Corpo de Profesores de Ensinanza Secundaria