WEB - Publicación da Resolución Provisional do CXT do Corpo de MESTRES
Ministerio: Resolución provisional alfabética
Ministerio: Resolución provisional por puntuación
Ministerio: Resolución provisional 2018/2019 DPC
Ministerio: Resolución provisional 2018/2019 DPL
Baremo da Resolución provisional primaria 2018/2019
De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes aplicadas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (DOG núm. 208, do 31 de outubro), o persoal concursante poderá formular reclamación á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
O persoal docente que desexe renunciar á súa participación no concurso deberá formular a súa renuncia aínda no suposto de que non obtivese destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, podería obter destino na resolución definitiva.
O prazo para fomular reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 21 de marzo e o 3 de abril ambos incluídos.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Resolución da adxudicación provisional de primaria
Listaxe da adxudicación provisional primaria
Listaxe provisional de persoas participantes excluídas primaria