CXT 18/19 Resolución Provisional dos Corpos de SECUNDARIA


12 Mar, 2019

WEB - Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación

 

De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia  núm.  208,  do  31  de  outubro),  o  persoal  concursante  poderá  presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 13 de marzo ata o 27 de marzo, ambos incluídos.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda e, en todo caso, unha vez rexistradas, adiantaranse por correo electrónico a:  persoal.secundaria@edu.xunta.gal

O resto dos documentos poderán consultarse na aplicación CXT