A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.
Por todo canto antecede, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, autorízanse as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Val do Tea, do concello de Ponteareas (código 36013692) a partir do curso 2019/20.