CXT 18/19 - Proposta de vacantes nos corpos de Secundaria


05 Feb, 2019

Proposta de vacantes para os CORPOS de SECUNDARIA 

VACANTES totais por CORPOS

Se preferides ver as vacantes elixindo na mesma aplicación do CXT, debedes ir a: https://www.edu.xunta.es/cxt/ e ahí seleccionar en LISTAXES DE CONCURSO > LISTAXES DE VACANTES

 

ANPE leva reclamando concurso tras concurso perante a Consellería unha oferta AMPLA, TRANSPARENTE e NEGOCIADA de vacantes para os diferentes Corpos de Secundaria no Concurso de Traslados e, por fin, este ano conseguímolo. A falta de catálogo de postos de traballo nos centros de secundaria ao contrario do que ocorrre en primaria  e o bloqueo á negociación por parte das Xuntas de Persoal provinciais, sobre todo, Coruña e Pontevedra propiciaba un bloqueo continuo e unha falta de transparencia total que repercutían na provisionalidade dos funcionarios de carreira de anos e anos así como, na falta de estabilidade nas plantillas dos centros educativos.

Dende ANPE esixiuse un desbloqueo por parte da administración (que é quen debe facer o traballo) para presentar unha proposta de vacantes real que puidera ser analizada e negociada coas organizacións sindicais aportando as achegas dos centros educativos, dos  propios docentes e dos seus propios estudos. Grazas a todos conseguiuse un número inicial de vacantes de  mais de 1.800 porque seguimos abertos ás vosas aportacións unha vez que se coñece a oferta inicial.

Finalmente, dicir que a Consellería pretende que a negociación volte as Xuntas de Persoal no vindeiro concurso pero, dende ANPE esixiremos unha comisión técnica operativa para poder seguir coa labor comenzada e non o que se viña facendo ata o de agora: ausencia de negociación real nas provincias.