CXT 18/19 - Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional


01 Feb, 2019

WEB - Publicación das listaxes de instancias coa baremación provisional do concurso xeral de traslados para o ano 2019

Os docentes que participen no concurso poden consultar a resolución provisional dende a aplicación CXT https://www.edu.xunta.es/cxt/

Para consultar a baremación elixirase no menú a opción  Listaxes concurso > Listaxes de instancias

Ábrese un prazo, previo á resolución provisional, dende o 31 de xaneiro ata o 20 de febreiro do 2019 para enviar as reclamacións que se desexen, podendo facelo a través do correo electrónico co fin de ir resolvéndoas xa antes da resolución provisional

Cando se publique a resolución provisional abrirase outro período de reclamacións para os casos que fose necesario aínda resolver.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá verse a instancia validada.No caso de querer facer reclamación deberase premer na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactarse en cada un dos apartados a reclamación que sexa necesaria.

3º Cando se remate de redactar a reclamación hai que premer no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar por correo electrónico, se se desexa.

Máis información:

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:  981 545 495 - 981 544 487      
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es

Secundaria:
Teléfonos:
981 544 486 - 981 545 406
981 545 409 - 981 545 407
981 545 255 - 981 545 494 - 981 545 408
Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es