Por primeira vez, ANPE e o resto de OOSS somos convocados a unha reunión da COMISIÓN TÉCNICA DE VACANTES do CONCURSO XERAL DE TRASLADOS que terá lugar o mércores, 12 de decembro na Consellería.
Nesta reunión coñeceremos a proposta de vacantes para os Corpos de Secundaria e esperamos negociala nunha vindeira xuntanza, polo que, dende aquí instamos a todos os centros de SECUNDARIA que envíen as súas necesidades ás diferentes sedes provinciais.