CADP - Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais entre o persoal docente


14 Xun, 2018

DOG - ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

PRAZO probable DENDE O DÍA 26

Artigo 5. Participación voluntaria para o persoal funcionario de carreira das escolas oficiais de idiomas, dos conservatorios de música e da especialidade de Procesos de Produción Agraria do corpo de profesores de ensino secundario e da especialidade de Operacións de Produción Agraria do corpo de profesores técnicos de formación profesional

Artigo 14. Solicitudes

1. As solicitudes deberán cubrirse segundo o anexo I na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, http://www.edu.xunta.es/cadp, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Non deberá achegarse ningunha documentación complementaria para este procedemento.

O prazo de solicitude será o que estableza a convocatoria a que fai referencia o artigo 37 desta orde agás para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado cada ano, cuxo prazo será de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados de cada tribunal na páxina web http://www.edu.xunta.es/oposicions.

O prazo para que o persoal interino e substituto solicite a non participación na convocatoria é o comprendido entre o 15 e o 31 de maio. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou susbtituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. A solicitude de non participación e a documentación xustificativa deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O persoal docente interino e substituto para o caso de que non obteña praza na adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como persoal docente interino ou substituto nunha ou en varias provincias, sen perda da orde da lista, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura das substitucións, na páxina www.edu.xunta.es/substitutos, no prazo do 16 de xullo ao 17 de agosto do ano correspondente, ambos incluídos.