- Prazo preinscrición: desde o 15 de xuño ata as 23.59 horas do 6 de xullo de 2026. A ligazón para realizar a solicitude en liña é: https://www.eoidigital.com/preinsxunta
As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación terán que formalizar a matrícula do 9 ao 20 de xullo.
- O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 realizará a reserva de praza e a matrícula na ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:
Matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2025/26 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2026/27 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
Matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.